Este mes na biblioteca…PRIMAVERA DAS LETRAS

Abril e maio están cheos de actividades! Aquí tedes un pequeno resumo das principais actividades que imos facer. No blog teredes más información sobre cada actividade en concreto.

Apúntate e participa!

PDI “Tecendo redes”: Visita a Pescanova

Os alumnos de Economía de 4º da ESO e de 1º de bacharelato visitaron as instalacións de Pescanova no polígono da Gándara en Porriño. A visita resultou moi interesante, xa que, ademais de poder ver as distintas fases de producción (materia prima, elaboración e empaquetado final) puideron degustar os seus produtos. Finalmente asistimos a unha charla, na que, entre outras cousas explicáronnos o proxecto Life+ Ecodhybat, que consegue, a través da introdución do ecodiseño industrial nos seus equipos e instalacións, reducir entre un 40%-50% do consumo de auga, e tamén unha redución significativa no consumo de enerxía e nos produtos químicos utilizados para a limpeza de equipos; xerando así  un maior valor engadido ao produto e un menor impacto ambiental. Un dos motivos da visita a esta empresa foi coñecer de cerca este proxecto, xa que é unha forma mais de aplicar a economía circular ás empresas.

IMG-20200123-WA0006

Visita a Bico de xeado ( actividades do PDI)

Dentro das actividades do PDI deste curso, o alumnado de Economía de 1º  de Bacharelato e o de Cultura científica de 4º de ESO visitou a empresa Bico de xeado. Tres dos alumnos participantes, Mateo Pereira  Miguel Diz e Ángel Martínez, fixeron unha crónica desta visita:

O pasado 23 de abril os alumnos de economía de 1º de bacharelato e de cultura científica de 4º da ESO puidemos coñecer de primeira man o funcionamento da marca de xeados 100% galegos e artesáns “Bico de Xeado”.

En primeiro lugar, visitamos a fábrica ubicada no polígono industrial de Bergondo onde vimos as instalacións e nos explicaron o proceso de fabricación de xeado e incluso tivemos a oportunidade de probar algúns dos seus sabores, tanto dos que se ofrecen no mercado como algún non dispoñible nas tendas, como o de pemento de Padrón, que se comercializa para a restauración.

A continuación, visitamos a granxa “O Cancelo” no concello de Miño. Alí recibimos unha charla do xerente da cooperativa na que nos falou sobre a orixe e a evolución da empresa, xa que, no seu comezo, non se adicaban a produción de xeado senón de leite e puxeron en práctica a venta de leite fresca a través de máquinas expendedoras. Este negocio fracasou, pero tamén supuxo unha aprendizaxe para os novos proxectos que emprenderon.  Destacou o gran compromiso co medio ambiente que ten a empresa e que propicia que deseñen culleres e recipientes completamente biodegradables  e usen materia prima de proximidade o que permite favorecer ao medio ambiente reducindo tempo de transportes e, ao mesmo tempo, custes de fabricación. 

WhatsApp Image 2019-04-23 at 14.13.00.jpeg

Tamén o xerente da cooperativa nos explicou as claves do seu éxito, do crecemento extraordinario da empresa en moi poucos anos, baseado no coidado da calidade dende a materia prima ao  proceso de produción e ata o punto de venta,  no compromiso co medio ambiente, nun coidado marketing, no posicionamento estratéxico, innovación continua, procura da localización óptima e unha política de persoal baseada no formación continua e na valoración de todos os empregados da empresa. Actualmente seguen a expandirse  por toda España, abrindo novas tendas como a de Madrid e a da praza Maior de Salamanca.

Para concluír a visita, tivemos a oportunidade de visitar ás vacas produtoras de leite e coñecer as moi boas condicións nas que viven e os coidados que reciben para seguir producindo leite 100% galega e natural. Sobre a visita á granxa, Miguel Diz destaca que “todos nos sorprendemos polo ben coidadas que estaban xa que dispoñen de camas individuais, duchas, ventiladores, rolos para rascarse, etc.”

A visita gústounos moito e todos os alumnos non dubidariamos en repetir unha experiencia semellante.

Charlas na biblioteca: “A visibilización do uso do galego en ámbitos científico-técnicos” por Raíña vermella

O ENDL do instituto en colaboración coa biblioteca organizou  para o noso alumnado de 2º de bacharelato unha interesantísima charla con Iria Veiga, coñecida nas redes como Raíña vermella. 

IMG_2409.JPG

Tocou temas moi cercanos para eles como a división entre letras, que tende a uns saberes máis xerais, e ciencias, que teñen como paradigma a especialización. Tamén destacou que, unha persoa culta é aquela que coñece o mundo no que vive  e para iso tamén é preciso ter unha cultura científica básica.

IMG_2410.JPG

En canto á divulgación, fixo un interesante percorrido polas iniciativas de divulgación científica en galego: a táboa periódica en galego, os traballos de Ángel Carracedo e Xurxo Mariño, programas de radio como Efervesciencia, a presencia nas redes de divulgadores científicos coma ela mesma ou Moléculas en galego, iniciativas para levar a ciencia a outros contextos como Regueifas da cienciam Pint of Science e Naukas Coruña…

IMG_2416.JPG

E. para rematar, explicounos o seu percorrido vital e por que estudou ciencias e se fixo divulgadora. E triunfou coa súa invitada!

Días de cine na Basella: Charla e curta na biblioteca

Febreiro é o mes dos grandes premios cinematográficos: os Goya, os Oscar… e na Basella non queremos ser menos.  Comezamos o mes cunha proxección de curtas en galego para o alumnado de 1º de ESO  e onte un grupo de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de ver a curta Non vaias á escola e charlar co seu director e guionista, Enrique Villanueva.

Antes de empezar a proxección, Enrique explicounos que esta curta é o resultado do traballo feito  en dúas materias de 4º de ESO e foi realizada por profesorado e alumnado do instituto de Pontecesures. Tamén nos falou do seu traballo como guionista e comentounos que cando el escribira a historia, tiña unha explicación clara na súa cabeza do que pasaba, pero, durante a rodaxe e despois ao ver o resultado final, descubriu que a historia podía ter máis dunha explicación e que mesmo lle gustaba máis esa nova interpretación.

Non vaias á clase 2

Despois de ver a curta, puxemos en común as nosas interpretacións da historia. Enrique tamén nos falou dalgúns dos problemas que tivaran durante a rodaxe e animounos a coller unha cámara e intentar contar as nosas historias.

Non vaias á clase 1.jpg

 

Queredes saber máis sobre esta curta? Aquí tedes a sinopse:

45008419_192758084950355_3511752697877364736_n
Álvaro esperta no medio dun pesadelo, non recorda que soñou pero o mal corpo non lle dá pasado. Cando encontra na rúa a Santi, que intenta convencelo de que non vaia á clase, empeza a presentir que hai algo que non marcha ben.

Nick Hornby e as 31 cancións da súa vida

Nick Hornby é un escritor e xornalista británico. Unha das súas novelas de máis éxito é Alta fidelidad protagonizada por Rob Flemming, un dependente dunha tenda de discos obsesionado coa música pop e que so vende os discos que lle gustan, que acaba de ser abandoado pola súa moza. Para superar esta ruptura, Rob e os seus amigos pasan o tempo facendo innumerables listas: as cinco mellores películas americanas, os seus cinco libros preferidos, a música do seu funeral… O director Stephen Frears dirixíu no 2000 a película homónima:
Nick Hornby é tamén autor do ensaio 31 canciones no que fala sobre as cancións que marcaron a súa vida: grupos  e cantantes como Bruce Springsteen, The Clash, The Beatles, Led Zeppelin, Bob Dylan, Patty Smith, Nelly Furtado, Van Morrison ou os escoceses Teenage Fanclub.
Outros libros do autor son: Todo por una chica, Un gran chico ,ou Fiebre en las gradas