Inicio

Benvidos á biblioteca dixital do IES A Basella, esperamos que todo o contido que ofertamos vos pareza interesante.

A biblioteca dixital é un paso máis para achegar a literatura ás persoas e xorde coa intención de ser un punto de referencia e procura de contido que sexa útil para a nosa comunidade educativa.

A biblioteca virtual do IES A Basella nace coa idea de que poidas atopar facilmente os recursos que, normalmente, buscas na rede. Os nosos enlaces son seguros e permitiranche acceder a toda a información dixital cun só “click”.

Así, a nosa biblioteca permanece “aberta” as 24 horas do día, 365 días ao ano. Só precisas do teu móbil, tableta ou ordenador e de conexión á rede. Queremos que a nosa biblioteca sexa un lugar especial no instituto: para ler, coñecer, aprender, falar, informar, imaxinar… A través da lectura e dos libros a biblioteca farate viaxar no tempo e no espazo

Neste sitio web tamén podes ver as novidades que imos incorporando á nosa biblioteca e, se tes tempo, dar unha volta polo noso blog.

Así que, pasa sen chamar, entra, temos un recuncho de lectura para ti…

O equipo de Biblioteca

IMG-20160414-WA0007