Concurso literario Primavera das letras

AMPLIADO O PRAZA ATA O MARTES 12 DE MAIO

Participa no concurso literario de relato curto patrocinado pola ANPA da Basella “ Primavera das Letras

BASES DO CONCURSO:

Podedes atopalas tamén no voso correo do @iesabasella.org

CONCURSO LITERARIO PRIMAVERA DAS LETRAS

Concurso literario patrocinado pola ANPA do IES A Basella para celebrar o Día do Libro e das Letras Galegas 2021.

MODALIDADES:

✔ MODALIDADE 1: Narración curta en lingua galega.
✔ MODALIDADE 2: Narración curta en lingua castelá.
✔ MODALIDADE 3: Narración curta en inglés/ francés.

Dentro de cada modalidade haberá 3 CATEGORÍAS:
✔ CATEGORÍA A: 1o e 2o de ESO.
✔ CATEGORÍA B: 3o e 4o de ESO.
✔ CATEGORÍA C : Bacharelato.

BASES :

  1. Participantes: Todo o alumnado do IES A Basella poderá participar nunha ou varias modalidades.
  2. Pódese presentar un MÁXIMO DE 3 TRABALLOS por modalidade.
  3. Os traballos serán individuais.
  4. Lingua: a indicada en cada modalidade.
  5. Temática: libre.
  6. Formato: o texto non pode ter unha lonxitude superior a dúas carillas con letra arial 11, interlineado
    1,5.
  7. Presentación: os textos presentaranse nun sobre cerrado no que figurará o nome do concurso e modalidade e categoría ( p. ex. MODALIDADE 1/ CATEGORÍA C) así como o seudónimo do autor. Dentro deste mesmo sobre figurá outro no que, ademais do seudónimo, debe aparecer o nome e o curso do autor do texto. En caso de participar en varias modalidades, entregarase un sobre por cada modalidade.
  8. Data de entrega: A data límite para a presentación dos traballos será o 12 de maio (inclusive) na conserxería do IES A Basella.
  9. Premios: En CADA MODALIDADE E CATEGORÍA haberá os seguintes premios:
  • 1º PREMIO: 75 euros en metálico.
  • 2º PREMIO: 50 euros en metálico.
  • 3º PREMIO: 25 euros en metálico.

A entrega de premios farase a SEMANA DO 18-21 DE MAIO.


11. Os relatos premiados serán publicados no blog da biblioteca e na revista do centro.

Deixar un comentario