Hora de ler, hora de lecer: De versos con Xela Arias

A hora de ler de mañá será moi especial porque o alumnado voluntario de dinamización, preparou un recital poético para que coñezades de viva voz a obra de Xela Arias.

Tamén podedes saber máis sobre ela con estes traballos que prepararon os vosos compañeiros de 1º e 2º ESO e demostrar o que sabedes de Xela Arias co kahoot. Boas lecturas!

Así foi o entroido na Basella!

Este ano non puidemos celebrar o entroido como noutros cursos, pero si que tivemos un concurso de disfraces! Aquí podedes ver un pequeno video que fixemos:

Os gañadores foron:

Categoría Individual: Luca Serantes (2º ESO B)

Categoría grupos: Os cazacovid (1º ESO A)

Categoría clase: Videochamada (2º ESO C)

PARABÉNS! E moitas grazas a todos por participar!

Compartimos tamén con vós este estupendo traballo que fixo Aitana Vaamonde, colaboradora do equipo de Dinamización e voluntaria da biblioteca.

E se queredes demostrar o que sabedes sobre o Entroido, podedes xogar a este kahoot:

QUE SABES DO ENTROIDO ? ( VERSIÓN XOGO INDIVIDUAL)

QUE SABES DO ENTROIDO? ( VERSIÓN PARA XOGAR COA CLASE)