Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Álvaro Gago que veu presentarnos a súa curta Matria, premiada en numerosos festivais, como o de Sundance, e tamén nominada aos Goya. Tivemos dúas sesións, unha co alumnado de bacharelato e outra aberta ao público á que viñeron familias, outros alumnos e profesorado, na que houbo un longo e interesante coloquio co director, xa que a ninguén nos deixou indiferentes. Grazas tamén polos vosos comentarios nas redes.
Nesta curta, rodada en Vilanova, Cambados e a Illa, cóntasenos unha historia moi común na nosa zona: a historia de Ramona, unha muller que ó mesmo tempo que traballa nunha conserveira en condicións moi precarias é o sostén económico e moral dunha familia á que protexe sen descanso. Como di o seu director: “Matria é un filme sobre unha heroína cotiá. Está soa, o contexto non é favorable, pero non perde a esperanza, que reside na súa determinación e dignidade, e no amor que lle une á sua familia.”
Álvaro Gago é un director vencellado a Vilanova de Arousa por razóns familiares. Formado en Estados Unidos e no Reino Unido, aínda que “Matria “ non é a súa primeira obra , sí é a máis recoñecida internacionalmente. Entre os seus méritos destaca o de ter obtido o premio do xurado no festival de Sundance e ser finalista ós premios Goya na categoría de mellor curtametraxe.
A protagonista da curtametraxe é Francisca, unha muller que traballou coidando ó avó de Álvaro nos seus últimos anos. En certo modo a curtametraxe é unha homenaxe cara a ela e a todas esas mulleres que manteñen en pé a estructura familiar con traballo e xenerosidade a costa de sufrir explotación , falta de cariño e soidade.
Se queres saber máis sobre a curta podes ler esta crítica , esta entrevista a Álvaro Gago ou visitar a web do director
MATRIA_BehindTheScenes con GuadiGalego from Alvaro Gago Diaz on Vimeo.