Fridays for Future (5 de abril) : Charlas na biblioteca…O Areoso

Dentro das actividades do PDI sobre o cambio climático e as accións que estamos a realizar cada venres relacionadas co movemento Fridays for Future, hoxe tivemos unha visita moi especial:  Daniel Cajade, xeógrafo, e Patricia Mañana, arqueóloga, faláronnos da importancia que ten o illote do Areoso polo valor do seu patrimonio natural como polo seu patrimonio cultural.

D3asn5XWAAIkVKM.jpg

Daniel Cajade explicounos que no Neolítico, o Areoso non era unha illa e que é única en Europa porque é unha illa que se move a causa das olas. Ten un rico patrimonio natural, xa que hai unhas 91 especies de prantas diferentes e é un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a gabita.

Este illote está en risco xa que desde os anos 80 perdeu 60 metros de superficie. A presión do turismo, a erosión…son algúns dos factores que inflúen en esta perda. Predecir o futuro do Areoso non é doado, pero para preservalo é necesaria a implicación de todos.

Desde o punto de vista cultural, tamén o Areoso é un lugar único, xa que temos 5 mámoas neolíticas pegadas ao mar. A perda do terreo tamén afecta a este patrimonio, xa que estanse a perder moitos restos arqueolóxicos pola acción das augas.

Tanto Daniel como Patricia, insistiron  en que é necesario que sexa o noso alumnado o que comprenda o valor e a importancia que ten este lugar e que sexan eles os que se preocupen de coidalo e mantelo.